Monday 29 de April de 2024

Trenor participa no izad da Bandeira Azul no Club Náutico de Boiro que certifica a súa calidade nos servizos, accesibilidade e sustentabilidade


— Na comarca do Barbanza o club náutico de Portosín e a praia de Coroso en Ribeira tamén con-tarán con este recoñecemento

— Subliña que Galicia é a terceira comunidade con máis recoñecementos e que unha de cada cinco praias españolas conta con bandeira azul é galega

— Reciben este galardón un total de 113 praias, 12 portos deportivos e 14 centros azuis

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, participou no izado da bandeira azul no club náutico Boiro–Marina Cabo de Cruz que acredita que cumpren cuns criterios moi rigurosos de calidade. Un distintivo de carácter internacional co que a asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) recoñece anualmente a areais, portos deportivos, centros e sendeiros de todo o mundo seleccionados en base a unha serie de criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos. Na comarca do Barbanza o club náutico de Portosín e a praia de Coroso en Ribeira tamén contarán con este recoñecemento

Trenor lembrou que en Galicia contamos con 139 bandeiras e distintivos azuis que acreditan o compromiso da comunidade coa conservación do patrimonio natural e consolídana como un referente do turismo seguro e sustentable. Trenor subliñou que Galicia “é a terceira comunidade con máis bandeiras azuis” e lembrou que “unha de cada cinco praias” con este distintivo en España é galega.

Este ano son 113 areais, 12 portos deportivos e 14 centros azuis (aulas do mar ou da natureza) os que acadan bandeira ou certificado azul pola calidade das súas augas, a xestión medioambiental e os servizos ofrecidos. Ademais Galicia conta con 35 sendeiros con bandeira azul -entregadas no mes de febreiro- que a sitúan como a comunidade con máis camiños que acadan esta distinción de todo o país.

Trenor resaltou que conseguir e manter estes galardóns é un traballo conxunto “entre as administracións” e subliñou “a importancia” que teñen estes distintivos como reclamo turístico. “Nun mundo onde o turista sempre busca máis información á hora de elixir unha praia ou onde pasar as vacacións é moi importante contar con indicios fiables como son as bandeiras azuis”, indicou o delegado, quen lembrou que acadar esta distinción supón “un esforzo importante para cumprir cos criterios rigorosos do proceso, pero merece a os beneficios son importantes”.

O representante do Goberno autonómico salientou que este tipo de recoñecementos permiten consolidar á nosa comunidade como un destino seguro e sostible. “Galicia está de moda e debemos traballar para isto se manteña no tempo”, rematou.